Xa houbo varias persoas que me preguntastes como enviar a gravación do Banaha e aínda que en principio estaba a facilitar un correo electrónico coido que é máis sinxelo se o facedes directamente desde a propia páxina, así que desde hoxe mesmo xa podedes enviar os vosos vídeos desde a sección de Contacto (podedes acceder desde o menú ou pinchando aquí directamente)
Unha vez na sección de Contacto, debaixo da mensaxe atopades unha lapela que pon “Seleccionar arquivo”. Se pinchades nela abrirase o explorador de arquivos no que debedes seleccionar o vídeo ou o que queirades mandar.
O bo de incluír esta nova funcionalidade é que me poderedes remitir non só o vídeo do reto de Banaha senón tamén outros tocando na frauta, facendo ritmos, cantando,… A única limitación que hai é a do espazo pois os arquivos non poden superar os 20 Mb.
Agardo que vos resulta práctica esta actualización que moito me fixo devanar os miolos para conseguir programar o de achegar arquivos!