Imos aprender Tusa e só precisamos 5 notas… 5 NOTAS!!!😍😍😍
Parécevos boa idea? Xa levamos un tempiño coa frauta e podemos meternos con todo tipo de repertorio ao ir consolidando unha boa base así que, por que non facer unha canción un pouco máis actual? Ímonos por ao lío, primeiro con un vídeo titorial e despois cos xa habituais coa melodía e só o acompañamento.
No vídeo titorial explícovos tamén como podedes reducir a velocidade de reprodución dos vídeos e así estudar máis tranquilamente as cancións. É un truco sinxelo que nos facilitará moito o traballo!
Agora o vídeo coa melodía para que vos sirva de referencia:
E xa por último a base musical sen melodía para que toquedes de solistas, a desfrutar!