Os de 5º e 6º cada día facedes unha proposta musical co afán de compartir con todos as vosas inquedanzas musicais, os gustos, as melodías que vos apaixoan e os sons que vos emocionan. Por que non ir máis alá e descubrir tamén que escoitan nas outras clases? Cada semana iremos poñendo aquí as cancións escollidas para que desfrutedes. Non deixedes de visitar esta sección e veredes que cousas tan curiosas e marabillosas escoitades!