Imos coa banda sonora de “Xogo de tronos”, unha música composta por Ramin Djawadi e que estou seguro que non vos custará demasiado aprender!
Cando no vídeo comezo a falar da partitura esquecinme de poñela (despois si que sae) pero como a tedes máis adiante non vos preocupedes que daredes seguido perfectamente o titorial. Só falta ao principio na “minianálise”.
E fixádevos tamén… notades que teño o ollo esquerdo máis pequeno ca o grande? Chamoume a atención e non sei se é por cansancio ou por defecto do bicho!
Aquí vos deixo a partitura:
E, coma sempre, o vídeo co acompañamento para que toquedes e desfrutedes!
4 Comments
Hola Alejandro a mi me encantan los tutoriales de flauta y a mi hermano tambien.
Peticiones: yo Breo pido el señor de los anillos o el hobitt.
Un saludo
Ola! Canto me alegra sempre saber de vós! Alédame tamén que vos estén gustando os titoriais de frauta. Valorarei as vosas peticións e a ver se damos adaptado algo para o noso nivel!
Unha aperta grande!
Vale moitas gracias.
unha aperta
Ola Alejandro!! O día que poidas pon un de Queen, calquera gústame. (Xa sei que será difícil) E os tutoriais estounos facendo. Saúdos