Fai pouco poñiamos para aprender coa frauta a banda sonora de “A vida é bela” e a seguinte será a de Xogo de Tronos, que tamén pedistes na xuntanza virtual que tivemos hai uns días. Se vos fixades, a música e o son xogan un papel fundamental nas películas e xa falamos algunha vez de cal é o seu cometido. Agora propóñovos que vexades estos cortos e que despois pensedes e me digades que vos parece que lles aporta a música.
Podedes facer as vosas achegas a través do formulario de contacto da páxina, ou pinchando aquí.