Nos seguintes exercicios utilizaremos só 3 figuras: branca, negra e corchea, ademais do silencio de negra. Son moi sinxelos pero deberás ter tino de executalos correctamente e con moita precisión!
Cando xa che saian moi ben coas palmas e coas sílabas rítmicas (taa, ta, ti,…) podes empregar algún instrumento de percusión improvisado que teñas na casa coma un caldeiro ou unha pota (vixía que non teña o caldo dentro!).