Hoxe traio unha proposta novedosa e a cousa non vai só de Música! Xirará todo en torno a unha fermosa canción de traballo: Las panaderas. Estas cancións pertencen ao eido da Música popular e utilizábanse para marcar o ritmo e sincronizar o movemento en determinadas tarefas que así o requerían. Neste caso, xa o intuides, trata da laboriosa labor de amasar o pan.
Máis que na canción ímonos centrar o ritmo co cal acompañaremos de execución sinxela pero grandes satisfaccións pola espectacularidade resultante da súa interpretación. Aquí queda o vídeo!
Atopei a versión que vos poño a continuación cando xa rematara de editar o vídeo e, se ben non houbera cambiado a interpretación coa que se ilustra o proceso, si me gustaría mencionala xa que é dun gusto e dunha exquisitez grande. Facédeme o favor de desfrutala moito!