Ando estrebillando coa aplicación de “Cerebriti” para crear xogos e cuestionarios que poidades facer na rede, pero mentres non elaboro un material propio para a Aula Luís Areán déixovos aquí algúns para que vos vaiades familiarizando. Non son moi difíciles e aínda que non saibades algo pódese deducir facilmente e mesmo probar fortuna todas as veces que queirades ata atinar coa resposta correcta! Sorte!