Houbo xa varias persoas que me pediron opinión para comprar frauta polo que parece que existe certo interese. Queredes que faga unhas recomendacións xerais para os que queirades dar un paso máis alá sen gastar demasiados cartos? Xa sabedes que agora non utilizamos libro nin máis material que a frauta polo que facer unha pequena inversión de por exemplo 15 ou 20 € en toda primaria non é moito, verdade? Deixo aquí unha enquisa para que opinedes e mantereina aberta ata finais de semana.