Imos cantar e ímolo facer en familia. Que vos parece? Déixovos aquí o titorial da canción “Banaha”, un canon que nos chega directamente desde o Congo e que nos impregna de toda a esencia da música tradicional africana. A letra é faciliña, repite case todo o tempo o mesmo:
Sisi, sisi, dolada,
Yaku sine ladu banaha.
Sisi, sisi, dolada,
Yaku sine ladu banaha.
Banaha, banaha,
Yaku sine ladu banaha.
Banaha, banaha,
Yaku sine ladu banaha.
Ha, banaha,
Yaku sine ladu banaha.
Ha, banaha,
Yaku sine ladu banaha.
A lingua da canción é o kiluba e a tradución da canción resulta un tanto sorprendente. Basicamente ven dicir algo así como: Ao pé da árbore das piñas Yaku serviuse un plátano no sombreiro vermello da súa tía.
Xa vedes que igual non lle vemos moito sentido, pero imaxino que será máis ben por matices da linguaxe que non se poden interpretar literalmente.
Non sabemos moito sobre o contexto desta canción pero si que se utiliza habitualmente como “canción de marcha”, cando os rapaces van de excursión, por exemplo.
Pois aquí vai o reto, que consiste sinxelamente en que me mandedes un vídeo voso cantando e acompañando con percusión corporal a canción. E con voso refírome a toda a familia! Se non queres todos tampouco pasa nada, pero sería divertido, non vos parece? Os que vos animedes podedes mandar o voso vídeo desde a sección de Contacto pinchando en “Seleccionar arquivo” (o vídeo non pode superar os 20 Mb)
E sen máis preámbulos, aquí queda o titorial de Banaha e no seguinte vídeo a miña propia versión do canon!
2 Comments
Ehhh! ti queres que toleemos…jajajaja
Un gran reto, ímolo intentar.
Qué bueno!! Está genial!! Pero mis padres no se prestan. 😔 Saúdos.