Comezamos unha nova viaxe da man da música, nesta ocasión a Sudáfrica.
Shosholoza é unha palabra que significa “ir hacia adiante” e lembra a onomatopea que produce o tren de vapor. A canción era interpretada habitualmente por cuadrillas de traballadores de Rodesia cando ían camiño das minas de Transvaal.
Actualmente utilízase en multitude de eventos deportivos malia que na súa orixe non tiña nada nin de alegre nin de victoriosa.
A letra traducida viría dicir algo así como:
Sigue adiante
sigue adiante
sobre aquelas montañas
tren de Sudáfrica.
Vaste alonxando
vaste alonxando
sobre aquelas montañas
tren de Sudáfrica.
Aquí queda algunha versión para que a coñezades de primeira man e a varias voces!