Na sección de recursos hai un apartado que se chama Ritmo e dentro del atopamos un subapartado que obedece a “Exercicios de ritmo“. Podedes buscalo no menú ou se non directamente pinchar aí nas palabras que aparecen en azuliño!
Polo que vexo non é un dos sitios máis visitados da páxina e quizais é porque esa nomenclatura de “exercicios” non resulta moi atractiva, verdade? Así que nesta entrada publico uns pequenos vídeos nos que vou realizando esos ritmos en bloques de dous en dous. Tamén poño por aquí os mesmos para que teñades acceso directo a eles pero no propio audiovisual aparece en acada momento o ritmo a interpretar.
Van desde moi sinxelos a máis complexos, polo que están recomendados para todas as idades, desde 1º e 2º aos maiores, que vos virá ben o repaso!
A vindeira semana faremos algún xogo rítmico así que é interesante que os repasedes para así poder desfrutar máis da actividade.