Da xuntanza virtual que tivemos o outro día xurdiron varias propostas de cancións para aprender coa frauta e aquí chega a primeira delas, a banda sonora de “A vida é bela”, unha proposta da nosa prezada Sofía que nos fará desfrutar moito. Esta música foi composta por Nicola Piovani e valeulle no ano 1998 o Óscar á mellor banda sonora orixinal.
Actualizo para poñer o titorial e xa aviso que esté é longo! case 40 minutos, pero é que a canción é longa e aínda que non demasiado difícil prefiro ir pasiño a pasiño. Non tedes porque facelo todo do tirón, podedes ir a anacos, pero veredes que de contado vos sae moi ben!